INSCRIPCIONES CERRADAS

XIX COPA INTERNACIONAL CIDADE DÁ CORUÑA 2025

Como xa sabedes o próximo 15 e 16 de Febreiro realizarase a 19° edición deste gran evento onde haberán 620 deportistas de distintos clubs de toda España,  como Asturias, Castela e León, Canarias, Madrid e por suposto Galicia a parte países como Portugal para disputar este evento rankeable a nivel galego e nacional en categoría Master.

93 técnicos, 25 voluntarios, 47 árbitros, 2 médicos  e esperemos que moito público daranse cita este sábado e domingo no Coliseum da Coruña.

A organización de categorías será :
Sábado pola mañá Infantís e Junior
Sábado pola tarde Precadetes, Senior e Master
Domingo pola mañá Cadetes.
Nas categorías Infantil, Precadete, Cadetes e Xunior haberá Liga B.

A parte de todo isto en canto ao evento, tamén faremos unha recollida de alimentos non perecedoiros para axudar á Cociña Económica da Coruña, para que levedes unha pequena axuda para os máis necesitados.

Queremos dar as grazas a todos os participantes, clubs, árbitros, voluntarios, médicos… por asistir un ano máis e confiar no noso traballo, do que esperamos unha vez máis que todo vaia ben, esperámosvos a todos para gozar do noso deporte !!!