Novas elipticas na sala de crossfitness
Grazas ao apoio da Deputación dá Coruña temos novas elípticas na sala de crossfitness. Un impulso que nos permite seguir mellorando as instalacións para que o noso #TeamGarrapucho adestre coa mellor enerxía e calidade posible.
Agora toca sacarlles todo o partido: ven a probalas e goza dun adestramento completo no noso ximnasio. Seguimos crecendo para ti, porque aquí adestrar é moito máis que facer deporte, é formar parte dunha comunidade.





