
Estreamos Ioga en Garrapucho!
Ven e experimenta o Ioga da man do noso experto profesor Carlos Blanco. Agora poderás coidar o teu corpo e mente coas nosas novas clases de Ioga, os martes e xoves de 17:00 a 18:00, empezamos en febreiro. Apúntate!
Nas nosas clases practicamos un Ioga clásico baseado en Hatha Ioga, incorporando tamén outras disciplinas como Iyengar, Kala, Shala e Ioga Dinámico. O obxectivo é traballar a conciencia corporal, a respiración e as posturas (asanas), tanto estáticas como dinámicas (Vinyasa). Cada clase culmina cunha relaxación dirixida (Shavasana) para asimilar todos os beneficios
